Xa sei que a moitos de vós non vos interesan moito os meus devanceiros, pero hoxe poño estas dúas fotos xuntas porque estas señoras son irmáns, e as fotos teñen unha procedencia distinta. .
A primeira foto, que está moi estropeada, está sacada nun fotógrafo da Coruña a principios do S XX e nela podemos ver a Barbarina Montero, que é unha antepasada de Mª José Bouzas, que é quen amablemente me envía a foto.
A segunda foto é de Libia Montero, irmán da anterior, e bisavoa miña por parte paterna, é dicir, era a nai do meu avó Odilo. A foto tamén debe de ser moi antiga, pero quizás non tanto coma a outra, só temos que fixarnos nas roupas das dúas.

Que eu saiba, tiñan tamen dúas irmás, Julia e Avelina, e un irmán Ovidio que tivo unha moblería o lado da Fonte da Prata.
Algúen ó que lle contei esto fai pouco, me dixo que aínda vive unha filla de Avelina en Ventosela .
Grazas á informática hoxe témolas aquí xuntas de novo.
Algúen ó que lle contei esto fai pouco, me dixo que aínda vive unha filla de Avelina en Ventosela .
Grazas á informática hoxe témolas aquí xuntas de novo.
Un saudo, non sei se cometeréi algún erro, haber; miña avoa é Pura Gallego Montero, irmá de Juana e Benito Montero Gallego ao que rinde unha homenaxe fermosísima Paula Bouzas neste blog. Polo tanto supoño que a Sra. Barbarina e maila Sra. Libia Montero tamén son parentes meus e de paso o Sr.Odilo. Resumo: Se son parentes meus ,son parente de Mª José Bouzas por suposto pero !Maquians ( Julio ),¡Somos parentes!.
ResponderEliminarSaudos a todos.
Óscar E.Sarmiento.
Barbarina, Libia e mais Julia Montero( bisavoa de Pepeluí, Óscar, miña etc.) eran irmáns. Entón Óscar , a túa avoa Pura e miña avoa Juana eran primas carnais de Odilo avó de Julio.
ResponderEliminarMenuda sorpresa!, non sabia que aínda vivía unha tía bisavoa, gustaríame moito coñecela.
Mª José
Moi agradecido pola aclaración feita por Mª José nesta confusión cos meus devanceiros.
ResponderEliminarO.E.S.