viernes, 26 de febrero de 2010

O ábside de San Domingos

Esta postal estaba, e xa non sei si está á venta en Internet, e hoxe a traio aquí por ser unha das imaxes máis antigas que temos da nosa vila.
Hauser y Menet son dous suizos que se establecen en España e publican a sua primeira serie de postais entre 1897 e 1900. Esta serie chegaría ata a postal nº 690, polo que si esta de San Domingos é a nº 1066 estaría publicada cara a 1905 que é cando a casa a Hauser e Menet remata e publica a súa serie Xeral de España cun total de 2078 postais numeradas.
Como curiosidade direivos que este señores xa publicaban postais antes de 1897, de feito a primeira postal que circulou en España , ou polo menos da que se ten constancia, foi unha desta casa có título de "Recuerdo de Madrid" e que se selou o 21 de Outubro de 1892, como nos informa o experto estudioso destes temas, o Sr. Martín Carrasco.
Non sei se haberá máis postais da nosa vila editadas por estes señores, pero sería interesante sabelo, xa que as fotos deberonse facer cara a 1903.


Postal Ribadavia

1 comentario:

  1. Esta foto salió en un coleccionable que el año pasado y dedicado a Galicia, editó "La Voz de Galicia". Los fotógrafos eran buenísimos y Santo Domingo luce con toda su majestuosidad¿quienes serían los ribadavienses que posan para la posteridad ...? Gracias por traerla a tu página.Saludos para Julio.

    ResponderEliminar