viernes, 12 de febrero de 2010

¿Un concurso de pesca?

Envíame esta fotografía Óscar Escudero, e nela aparecen o seu tío Gerardo Álvarez Vidal que aparece cortado á dereita da foto, e Quico Bouzas entregando un premio.
Non sei onde está sacada nin en que ano, pero atendendo ás cariñas deses dous rapaciños pequenos que saen nela, penso que a poderemos datar. Un deles o da esquerda é o "Mauso", ou polo menos eso a min me parece, e si lle poñemos unha idade de 10 anos na foto, penso que estaría feita a principios da década do 1970. Do outro rapaz non vos teño nin idea, pero seguro que vós sodes quen de dicilo.
Ó mellor é moito aventurar, pero dame a min a espiña de que esta foto debe de ser da entrega de premios dun concurso de pesca, xa que era esta a afección común de Quico e de Gerardo, e si sigo aventurando, penso que o rapaz que recibe o premio poidera ser Amando Canitrot o da Foz, que segue a ser un gran pescador. Si non é así, rectificamos e xa está.
Por último, e o deixei para o final, só me queda falar de D. Gerardo, que é a primeira vez que visita este blog. Non sei que vos podo dicir que non saibades xa. Un pequeno gran home, un traballador nato, sempre optimista, sempre con mil proxectos e ideas na cabeza, un home que traballou arreo polos rapaces da vila, un gran pai de familia, e sobre todo un gran pescador.



2 comentarios:

  1. Que pena que Ribadavia,no tenga a Gerardo Alvarez Vidad.
    Como hijo predileto Gerardo pontevedres.pero que su corazon a
    estado por Ribadavia, teniendo 9 hijos y todos nacidos,en Ribadavia.
    Y donde descansa al lado desu hijo Fabio

    ResponderEliminar
  2. O que recibe o diploma paréceme un rapaz de Francelos chamado Bejamín, (xa falecido)

    ResponderEliminar