viernes, 19 de febrero de 2010

Disfraces nos anos vinte

Onte me enviou Óscar Escudero esta fermosísima foto feita nun Entroido dos anos vinte. É unha das súas fotos familiares preferidas, senón a que máis, e non me queda outra que darlle dende aquí unhas afectuosas grazas por compartila connosco. A poño hoxe por vía de urxencia, primeiro pola súa beleza e segundo porque o Entroido aínda no rematou. Mañán é Sabado de Piñata, e mañan acabará todo, ou polo menos así era antes.
Mirade que cariñas, que inocencia. Eles tranquilos, coas mans metidas nos petos dos pantalóns. Elas cun chisquiño máis de curiosidade, coma á espectativa.
O neno da esquerda é Benito Escudero Gallego, baixo o meu punto de vista a súa faciana enche a foto, aquí supoño que non tería máis de cinco ou seis anos, polo que podemos datala cara ós anos 1925 ou 26. Lle seguen pola dereita a súa irmá Concha que vai disfrazada como de leiteira, a súa irmá Julia que vai como de señorita, e o seu irmán Pepe Escudero Gallego, que ó igual que el, vai vestido como de pierrot ou de algún tipo de paiaso.
Para os que non vos dedes conta, estes catro picariños son algúns dos once fillos que tivo D. Agapito Escudero, dono entre outras cousas do "Gran Derroche Nº2" do que estivemos a falar onte. Mirade que ben ataviados e coidados estaban. ¡Que felicidade!.





2 comentarios: