jueves, 25 de febrero de 2010

Unha boa cuadrilla

Outra desas fotos que sei que vos gustan moito, e que nos envía o noso amigo Óscar. Penso que non debe de ser moi antiga. Como moito, eu lle calculo que se debeu de facer a principios da década dos sesenta, e si me apurades moito penso que na terraza da antiga Fundación, ou sexa no actual Museo, xa que eses xocalcos que se ven detrás penso que son os das ladeiras de Santa Marta dos que xa tanto temos falado noutras entradas.
Eu coa práctica, vou afacendo xa un pouco máis o ollo a esto de recoñecer veciños, pero aínda así, non son quen de identificalos a todos.
O primeiro da esquerda non sei quen é, despois está Fidel Dávila, Tucho Padrón, Benito Escudero, Toñito Chao, o seguinte me parece que é un Padrón, Manolito García, penso que é Pepe Casas, e o último tampouco sei quen é.
Seguro que vós completaredes a identidade de todos eles.
Despois de ler os comentarios, o asunto queda así de esquerda á dereita: Cesáreo dos Saldos da Praza Maior, Fidel Dávila, Tucho Padrón, Benito Escudero, Toñito Pérez Chao, José María Padrón Cendón, Manolito García, Pepe Casas, e Amandiño Pérez Chao.
Si houbera cambios faríamos os retoques pertinentes. Grazas a todos.



Cuadrilla Ribadavia

5 comentarios:

  1. El último es Amandiño Chao. Yo la foto la situaría en los 50 ( comienzos).

    ResponderEliminar
  2. El 1º es Cesareo ( Los Saldos en la Plaza Mayor)

    ResponderEliminar
  3. Hay dos Toñitos en los Chao. Toñito Perez Chao y Toñito Chao Rodriguez. El 1º es sobrino del 2º. El Toñito de la foto es Perez Chao ( Foto Chao).

    ResponderEliminar
  4. Hoy estoy un poco pesada..., perdona, Julio. Cuando digo que es Amandiño Chao, quiero decir Amandiño Perez Chao, hermano de Toñito.

    ResponderEliminar
  5. El padrón situado entre Toñito Chao y Manolito García es José Mª Padrón Cendón.

    ResponderEliminar